16 feb 2015

#ONOSODERBI EN IMAXES

O noso derbi

Comezamos a semana especial do noso derbi con algunhas das imaxes máis soadas dos últimos derbis e cunha pequena descripción do ocurrido no partido correspondente.

Temporada 2003/04:
Celta-Depor: 0-5; temporada 03/04

Quen non recorda esta imaxe, o día que o Depor humillou ao Celta no xa famoso 0-5 que os coruñeses endosaron aos vigueses na volta de Nadal. Luque, Víctor (3) e Tristán anotaron os goles daquela vitoria que seguirá grabada para a posteridade na memoria dos deportivistas. O Celta acabaría descendendo de categoría, precisamente sentenciado polo seu eterno rival en Riazor tras perder por 3-0, goles de Sylvinho en propia meta, Pandiani e Munitis

Temporada 2005/06:
Celta-Depor: 0-3; temporada 05/06

Volvían atoparse Depor e Celta tras o descenso dos vigueses na tempada 2003/04. Os coruñeses golearon de novo en terras viguesas por 0-3, con goles de Tristán, Valerón e Capdevila -na imaxe superior-. Na volta, o Celta vingaríase gañando por 0-2 no feudo coruñés. O Celta acabaría 6º a tempada, mentres que o Depor sería 8º despois da súa mala campaña en Riazor.

Temporada 2006/07:
Depor - Celta: 0-1; temporada 06/07

O Depor perdería desde o 0-3 da 2005/06 3 derbis consecutivos, dous seguidos en Riazor. No segundo deles, na tempada 06/07, o Celta levaríase o choque tras un gol de Nené mediada a segunda parte. Ese ano, o Celta gañaría os dous derbis, pero terminaría descendendo como 19º clasificado. O Depor, pola súa banda, acabou 13º

Temporada 2011/12:


Depor-Celta: 2-1; temporada 2011/12


Celta-Depor: 2-3; temporada 2011/12
El "Lassad en toda la boca" y el "Borja en toda la boca"

*Deportivo - Celta: 2-1
O preludio do partido foron as declaracións de Iago Aspas. O de Moañas declarouse celtarra a matar, que desexaba o peor ao Depor e que o seu gran recordo dun derbi foi unha patada que un xogador do Celta propinase a Tristán nun derbi e que case lesiona ao deportivista.
O partido, con Riazor até a bandeira, converteuse nunha caldeira e ao minuto 4' o estadio rebentaba. Riki dá un taconazo a un centro de Saúl e J. Vila métea en propia. Toda a primeira parte e parte da segunda foi unha consecución de contras nas que o Depor buscaba sentenciar e o Celta empatar. E chegaron os minutos gloriosos: minuto 73', o Celta empata por medio de Orellana e convértese no heore celeste.
Pero dous minutos despois, con lanzamentos de butacas incluídas por parte dos celtarras, Lassad pechaba a boca dos visitantes cun deses goles que pasa a historia. Un zambombazo desde 30 metros do tunisiano, tras unha perda de Orellana, que entrou por toda a escuadra. Un golazo que acabou sendo o perfecto punto e final do derbi galego.

*Celta - Deportivo: 2-3
Cinco meses despois, o derbi vivía o seu 2ª parte. E empezou como o anterior. Minuto 2', Juan Domínguez pasa entre liñas a Riki e leste mete o seu 12º gol da tempada. Morel salvaba ao Depor baixo paus do empate do Celta tras un tiro mordido de Iago Aspas.
No minuto 35' Riki sufría unha ruptura no bíceps femoral da perna dereita. Entraba Lassad no seu lugar e foi el mesmo quen poñía o 0-2 tras a continuación tras un gran pase de Gardado. O décimo gol de Lassad e outra vez nun derbi.
Pero ao Celta bastoulle cun gran tiro de De Lucas a media volta no 67' e un gol en fóra de xogo de Catalá no 83' para selar o 2-2. Pero nada se pode facer se un equipo está entregado.
Chegou o minuto 92'. Gardado bota unha falta ao segundo pau. Colotto remata, o balón dá no pau e Borja remacha de cabeza. Era o definitivo 2-3 e o delirio da bancada deportivista. O ascenso parecía xa máis preto.

Temporada 2012/13
Depor-Celta: 3-1; temporada 2012/13
Dabondo coñecido o enfrontamento entre Aspas e Marchena que acabou coa expulsión do de Moaña. Chegaban ambos os equipos no fondo da táboa, pero o Depor conseguiu tombar ao seu eterno rival cun contundente 3-1, goles de Riki, Silvio e Salomao. Ao final, os coruñeses acabaron descendendo esa tempada, mentres que o Celta salvou a categoría cun de Insa na última xornada ante o Espanyol.

Temporada 2014/15:
Celta-Depor: 2-1; temporada 2014/15
O último choque entre ambos se produciu o pasado mes de setembro, e que acabou decantando un gol de Larrivey á saída dun córner. O Depor puido empatar o choque cun penalti que fallou Medunjanin a 2 minutos para o final do partido. Nolito adiantara aos celestes e Cuenca anotara o momentáneo empate a 1-1. Toca ver si o Depor se vingará dos olívicos ou se o Celta volverá tomarlle a medida aos branquiazuis.








No hay comentarios:

Publicar un comentario