17 feb 2015

#ONOSODERBI EN DÍXITOS

Análisis

Aquí se vos presentan as estatísticas individuais tanto do Depor como do Celta. Goleadores, asistencias, minutos desputados... Todo o necesario para coñecer cada detalle de #OnosoDerbi.


Goleadores
Dez xogadores anotaron algún gol por parte dos coruñeses, que bateron a meta rival un total de 20 veces na presente campaña. Ao mesmo tempo, nas filas viguesas só 6 xogadores viron porta esta temporada, para marcar os 23 goles dos celestes. Destacan Lucas Pérez e Cavaleiro por parte do Depor con 3 tantos e Nolito no Celta con 8.


Deportivo------------------------------------------------------------------------------Celta de Vigo
Lucas Pérez/Iván Cavaleiro: 3----------------------------------------------------------Nolito: 8
Medunjanin/Borges/Toché/Cuenca/José Rodríguez: 2-------------------------Larrivey: 7
Juan Domínguez/Postiga/Fariña: 1-------------------------------------------------Orellana: 5
Goles p.p.: 1---------------------------------------------Álex López/Charles/P. Hernández: 1

Asistencias:
Un total de 9 asistencias de gol acumula o conxunto blanquiazul repartidas entre 8 xogadores, destacando Sidnei con 2 asistencias. Por parte dos vigueses, a cifra aumenta de maneira considerable, pois conta con 20 asistencias entre 9 xogadores, volvendo a destacar Nolito con 7. Tamén destaca no cadro vigués o danés Krohn-Dehli, con 4 asistencias.

Sustitucións e revulsivos preferidos:
No Deportivo destacan 4 xogadores por riba do resto. Fariña con 8 e Cuenca, Cavaleiro e Toché con 7 son os xogadores deportivistas que máis veces foron sustituidos; mentres que os revulsivos preferidos foron o propio Toché con 10 -nunca disputou os 90 minutos dun partido-, Cuenca con 8 e José Rodríguez con 6.

Polo Celta, os xogadores que máis veces saíron dende a bancada foron Charles con 10, Pablo Hernández con 7 e Augusto e Álex López con 6. Os xogadores que máis veces decidiu cambiar Berizzo son, de momento, o propio Álex López con 9 sustitucións, Krohn-Dehli con 8 e Larrivey con 7.

Mellores e peores xeiras.
Por parte dos coruñeses, as xeiras -tanto positivas como negativas- non foron nunca moi longas, polo que sempre mostrou certa regularidade nos seus resultados. A mellor, ata o momento, foi tras tres xornadas consecutivas sen perder -Granada, Raio e Eibar. O peor rexistro dos branquiazuis ata o momento, as 4 derrotas consecutivas ante Madrid, Celta, Almería e Sevilla entre a 4ª e 7ª xornada.

Namentres, os celestes sí tiveron xeiras de larga duración, tanto para o bó como para o malo. Os celestes permaneceron invictos nas 6 primeiras xornadas de liga, co que comezaron a ser chamados polo Eurocelta. Pero un total de 10 xornadas sen coñecer  vitoria entre a undécima e a vixésima xornada devolveu aos vigueses á realidade.

Posibles cambios na táboa co derbi galego:


Clasificación previa jornada 24
Victoria do Depor: Unha vitoria dos coruñeses os colocaría con 27 puntos, os mesmos que o Eibar se estes perden o seu partido co Vilarreal. O Depor podería ascender ao 10º posto da táboa, mentres que o Celta podería caer dúas posicións, no caso de que Eibar e Raio gañasen os seus partidos.

Empate: Os vigueses poderían escalar un posto e empatar a 29 puntos co Espanyol. Os coruñeses poderían ascender ao 12º posto, aínda que poderían caer ata a 17ª posición. O Celta tamén podería verse relegado ata a undécima posición.

Victoria do Celta: Os celtiñas adiantarían en 2 puntos ao Espanyol. O Deportivo, mentres tanto, podería verse relegado a 2 puntos do descendo por riba de Granada e Levante, que se verán as caras no Ciutat de Valencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario